II Xornadas de Divulgación
do Patrimonio Musical Galego
na Universidade da Coruña
En torno á figura e á música
de Andrés Gaos Berea
1874-1959
outubro - decembro 2009
INTRODUCIÓN
Achegámonos á segunda edición do que demos en chamar as “Xornadas de Divulgación do Patrimonio Musical Galego” na Universidade da Coruña. Desde a Aula de Música da Vicerreitoría de Cultura e Comunicación desexamos expresar a nosa gratitude a todas as persoas que van participar ao longo destes meses nos diversos actos que se programaron. Todas elas forman xa parte dun soño que comezou hai uns cantos anos, cando un equipo de coruñeses entusiastas da Música puxeron en marcha a Asociación Musical “Andrés Gaos”, con sede na casa particular dun deles: o benquerido e non esquecido amigo Ramiro Cartelle. El é o responsable do meu crecente interese pola obra e a figura do compositor do que se conmemora este ano o 50 Aniversario do seu pasamento. Precisamente por iso decidimos adicar as II Xornadas a aportar un graniño de area á difusión da súa obra.
Queremos agradecer moi especialmente a presencia de Andrés Gaos Guillochón, fillo do compositor e pianista, na mesa redonda e na conferencia-concerto que abre este ciclo; el foi quen de gravar as dúas Suites para piano tituladas Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos e sempre foi unha peza fundamental cara á difusión da obra do seu pai.
A labor da Asociación Musical “Andrés Gaos” foi a primeira pedra para dar a coñecer alomenos parte da obra do noso compositor: a Sonata para violín e piano interpretada por Pedro León e Ricardo Requejo, unha selección de cancións nun recital de María Teresa del Castillo (soprano) e Ramiro Cartelle (piano), a estrea en España da Sinfonía Nº.2 “En las montañas de Galicia” por conta da antiga Orquestra da Coruña Filial do Conservatorio, baixo a dirección de Rogelio Groba… Anos máis tarde chegarían as cancións francesas interpretadas por Conchita Fraga (mezzosoprano) e Francisco Javier Chao (piano) nun formato de conferencia-concerto conducido por Julio Andrade Malde, a quen lle debemos moito tamén pola súa faceta investigadora. Recentemente, coa creación da Orquestra Sinfónica de Galicia, as interpretacións e grabacións de obras para orquestra de cordas ou sinfónica, e mesmo a recentísma estrea da ópera Amor Vedado; tamén á Real Filharmonía de Galicia, á Orquestra de Cámara Galega,… a Joám Trillo, que ademáis de ter dirixido obras orquestrais de Gaos está levando a cabo unha importantísima labor de dixitalización e edición da súa obra, a Maximino Zumalave, a Florian Vlashi,…
É imposible nombrar a todas as persoas e agrupacións que traballan e se interesan pola obra de Gaos, dentro e fóra de Galicia. Hoxendía podemos dicer que a obra compositiva de Andrés Gaos ocupa un lugar relativamente importante na Historia da Música. Os anos pasan e as novas xeracións van tomando o relevo. A semente que supuxo a labor da Asociación deu froito e esperamos que os novos tempos abran novos camiños.
Julián Jesús Pérez Fernández
Director da Aula de Música
Vicerreitoría de Cultura e Comunicación
PROGRAMA XERAL
MESA REDONDA E CONFERENCIA – CONCERTO
Martes, 13 de outubro de 2009 ás 20.00 h.
no Paraninfo da Reitoría
Mesa Redonda
Interveñen:
Andrés Gaos Guillochón, pianista e fillo de Andrés Gaos Berea
Julio Andrade Malde, crítico musical
Joam Trillo, compositor e director de orquestra
Maximino Zumalave, director de orquestra
Florian Vlashi, violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia
Conferencia-Concerto
“As obras orixinais para violín e piano de Andrés Gaos Berea”
Por conta de Julio Andrade Malde, crítico musical
Florian Vlashi, violín e Nicolás Cadarso, piano
PRIMEIRO CONCERTO
Mércores, 28 de outubro de 2009 ás 20.30 h.
no Paraninfo da Reitoría
Obras para piano a catro mans de Marcial del Adalid
Obras para piano de Andrés Gaos
José Manuel Yáñez e Genaro Fernández, piano
SEGUNDO CONCERTO
Mércores, 11 de novembro de 2009 ás 20.30 h.
no Paraninfo da Reitoría
Obras para violoncello e piano de Mendelssohn, Martinu e Gaos
Carolina Landriscini, violoncello e Nicolás Cadarso, piano
SEGUNDA CONFERENCIA – CONCERTO
Mércores, 25 de novembro de 2009 ás 20.30 h.
no Paraninfo da Reitoría
“As cancións francesas de Andrés Gaos Berea”
Por conta de Julio Andrade Malde, crítico musical
Manuela Soto, soprano e Monika Fehn, piano
TERCEIRO CONCERTO
Xoves, 3 de decembro de 2009 ás 20.30 h.
no Paraninfo da Reitoría
Obras de Julián Aguirre e Andrés Gaos
Virginia González, violín e Rubén Alvar, piano
CUARTO CONCERTO
Sábado, 19 de decembro de 2009 ás 20.30 h.
na Igrexa da Venerable Orde Terceira
Obras de Adalid, Montes, Quiroga e Gaos para orquestra de cordas
Orquestra de Cámara da Universidade da Coruña
Director: Julián Jesús Pérez
Escribir comentario
Centrifugal Juicer (viernes, 12 abril 2013 17:19)
I shared this upon Facebook! My friends will definitely like it!